Fasquía 3d: achegando a tecnoloxía á tradición
E un proxecto que nace da xuntanza dun grupo de profesores , alumnado e afeccionados as embarcacions tradicionais, e que consiste en crear un repositorio de modelos 3d das nosas embarcacions.
Pero e tamén moito máis, porque xurdiu a pregunta: ¿Por qué a impresion 3d parece relegada ao ámbito tecnolóxico no sistema educativo?. Daquela nos plantexamos , utilizando o exemplo das embarcacions tradicionais fomentar estas tecnoloxías a outros ámbitos educativos, non só científicos senon tamen ds humanidades.
O Proxecto ten o seu epicentro no CIFP Ferrolterra, no ciclo de mantemento de embarcacions de recreo, no departamento de Madeira, pero ten tamén un segundo núcleo no IES Fraqncisco Aguiar de Betanzos.
Nel, ademáis colaborarán as entidades máis relevantes en canto as embarcacions treadicionais, tales coma a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), que engloba a todas as asociacions relacionadas co tema e outras entidades, AGALCARI, que é a asociación galega de carpinteiros de ribeira, EXPONAV, (consorcio do museo naval de Ferrol), o Colexio oficial de enxeñeiros navais de Galicia, Asteleiros Triñanes, Leica Geosystems España, os GALP Golfo Aratabro Norte, e a Asociación cultural Os Patexeiros de Sada- Lorbé.
O primeiro obxetivo e claro: deixar nesta páxina modelos en 3d das nosas embarcacions, e isto inclue escaneos láser 3d, modelos 3d en STL para poder imprimir en impesoras 3d, e varios conxuntos de planos de formas, tanto en 2d coma as pezas que compoñen a embarcación en 3d, para imprimir tamén por pezas.